Efyciencia

Enxeñería

Consultoría Enerxética

Ofrecemos unha solución óptima e sostible en base ás necesidades de cada cliente, reducindo os consumos e conseguindo un aforro notable.

Enerxías renovables

Se estás pensando en autoabastecerte con enerxías renovables, en Efyciencia realizamos o dimensionamento da instalación e asesorámoste cos equipos a instalar.

Xestión de subvencións

Sabemos o difícil que é loitar coa burocracia e coa morea de papeis que piden as administracións. Déixao nas nosas mans e nós encargámonos de todo.

Cursos de Formación

A docencia tamén é un dos nosos puntos fortes. Impartimos formación a empresas e centros educativos sobre enerxía e intelixencia artificial.

Expertos na optimización da

Factura enerxética

En Efyciencia Enxeñería somos conscientes do difícil que resulta entender a factura eléctrica e analizar as diferentes opcións do mercado eléctrico ou do gas. Por iso, deseñamos unha ferramenta de optimización que nos permite seleccionar, de maneira totalmente personalizada para cada empresa ou particular, a mellor opción do mercado en función das súas necesidades enerxéticas.

A nosa formación e amplia experiencia no sector, permítenos seleccionar sempre a mellor opción para os nosos clientes; conseguindo un aforro importante en cada factura.

Equipo de Efyciencia Enxeñería

Vantaxes de traballar con

Efyciencia

Estas son algunhas das aptitudes que destacan os nosos clientes de nós. Chámanos

Rapidez de xestión

No noso caso eficiencia e eficacia van sempre da man. Realizamos de forma rigorosa e áxil as xestións e os proxectos que necesitedes para que empecedes a aforrar desde o primeiro día.

Xustificación técnica

En Efyciencia proporcionámosvos sempre varias solucións ás vosas necesidades, xustificando rigorosamente a súa viabilidade técnica e económica para que, con toda a información, escollades a opción que mellor se adapte ás vosas necesidades e ao voso convencemento.

Trato cercano

Tomámonos sempre o tempo necesario para resolvervos todas as dúbidas que teñades en cada un dos proxectos que nos confiedes, adaptando sempre as nosas explicacións ao voso coñecemento previo.

Vontade e entusiasmo

O que debería ser un básico en todas as empresas, en ocasións, tristemente, non o é. En Efyciencia podémosvos garantir que poñemos todo o empeño, esforzo e coñecemento en facer todo o mellor que sabemos para obter un resultado óptimo.

Queres que che axudemos?

Estaremos encantados de axudarche con todo o que precises. Non dubides en contactar con nós pola vía que máis se adapte a ti.