Optimización tarifaria

optimización

factura da luz

A nosa experiencia dinos que o 90% dos consumidores particulares poden aforrar entre 25 € e 70 € por factura, é dicir, un aforro anual entre 300 € e 840 €. En consumidores máis grandes, como poden ser as PYMES, o aforro ascende a valores que se sitúan entre os 1000 € e os 4000 € anuais dependendo da súa actividade económica e, por tanto, do seu consumo eléctrico. E non, non vamos pedirche que apagues a luz ou poñas a lavadora polas noites. A nosa estratexia para aforrar leva implícito non cambiar os teus hábitos de consumo e que non supoña para ti ningún sacrificio. Se che interesa ter este aforro, só precisas que te asesoremos e fagamos unha análise detallado e personalizado das túas facturas eléctricas. Os nosos estudos están sempre fundamentados por unha análise detallada e minuciosa do mercado e respaldados por unha base puramente matemática.


Por outro lado, 7 de cada 10 fogares (70%) que teñen dereito ao Bono Social Eléctrico, non o están disfrutando porque descoñen que teñen dereito a el e aos seus beneficios. O Estado faise cargo dun 25% ou dun 40% do importe do término de enerxía da túa factura se cumples os requisitos. Asesorámoste tanto no cambio de tarifa, como na solicitude do Bono Social e, se ti queres, ¡tramitámosche todo nós!

optimización

factura do gas

Somos conscientes dos altos importes que teñen as facturas do gas para algúns consumidores e da súa importancia á hora de proporcionarnos auga quente e calefacción. Sabemos que moitas persoas optan por baixar a temperatura da calefacción, por encendela menos ou, simplemente, por non encendela. Pero esta nunca é a solución xa que, a calefacción no fogar, non é un ben de luxo, senón unha necesidade. Por iso, propoñémosvos solucións para baixar o custo que supón este tipo de suministro e así poder aforrar de forma considerable cada mes.


O Bono Social Térmico, é unha axuda importante para as familias, cuxo importe medio é de 450€ por fogar anuais e pode chegar aos 675€. ¡Despreocúpate e nós realizámosche todos os trámites para conseguilo!

Queres que che axudemos?

Estaremos encantados de axudarche con todo o que precises. Non dubides en contactar con nós pola vía que máis se adapte a ti.