Subvencións

Non te quedes atrás

xestión de subvencións

Desde Efyciencia Enxeñería ofrecemos un servizo integral para o asesoramento técnico e a tramitación de axudas e subvencións destinadas a levar a cabo actuacións en materia de eficiencia enerxética.


Traballamos con particulares e empresas do sector público e privado, polo que non dubides en contactar con nós para calquera dúbida.


Subvencións para particulares

Aínda que descoñecidas para a maioría da xente, existen a disposición do público en xeral subvencións en materia de eficiencia enerxética destinadas: á renovación de electrodomésticos, ao cambio de vehículo, mellora do illante en fachadas, etc.
En Efyciencia asesorámoste para que poidas aforrar en actividades cotiás.

Subvencións autónomos e empresas

Tanto a nivel estatal como autonómico, existen numerosas subvencións en materia enerxética para aplicar ao teu negocio. Subvencións destinadas á mellora da eficiencia enerxética das instalacións, subvencións para instalar enerxías renovables nas túas instalacións e mesmo subvencións destinadas á mobilidade sostible.

Subvencións asociacións e sector público

En Efyciencia tamén xestionamos as subvencións que os diferentes organismos públicos poñen a disposición das asociacións e administracións públicas. Ocupámonos do ciclo integral de subvencións, desde a solicitude ata o cobro e peche total do expediente, realizando en todo momento un seguimento continuo.

Queres que che axudemos?

Estaremos encantados de axudarche con todo o que precises. Non dubides en contactar con nós pola vía que máis se adapte a ti.