gama de servizos

ofertados desde Efyciencia Enxeñería

Unha ampla gama de servizos relacionados coa enxeñería e a enerxía.

Optimización tarifaria

Se queres aforrar nas túas facturas, pregúntanos sen compromiso e dirémosche o aforro potencial que podes obter. A nosa experiencia dinos que un 90% dos consumidores non teñen unha tarifa adecuada no seu fogar. En Efyciencia optimizamos a túa factura de luz e gas segundo os teus hábitos de consumo para que pagues o menos posible.

Auditoría enerxética

Coñecer o estado das nosas instalacións é fundamental para coñecer que partes non están funcionando de forma correcta e que oportunidades de mellora existen. En Efyciencia realizámosche un informe enerxético detallado das túas instalacións coas medidas oportunas e asesorámoste en como levalas a cabo.

Enerxías renovables

As instalacións de enerxías renovables e a fiabilidade dos equipos aumentaron considerablemente nos últimos anos. Á súa vez, os seus prezos baixaron e, polo tanto, aumentaron a súa rentabilidade. Se estás pensando en autoabastecerte con enerxías renovables, en Efyciencia realizamos o cálculo da instalación e asesorámoste cos equipos a instalar.

Sistemas de climatización

A climatización da vivenda é o principal consumo enerxético dos nosos fogares. É por iso que o cálculo e a elección do sistema de calefacción (E de refrixeración, de ser o caso) é unha decisión crucial á hora de aforrar. En Efyciencia axudámosche a elixir e a determinar a dimensión do sistema de climatización que mellor se adapte ás túas necesidades.

Xestión de subvencións

Moitas das actuacións que estás lendo nesta páxina están subvencionadas e sabemos o difícil que resulta ás veces solicitar este tipo de axudas. En Efyciencia axudámosche a tramitar as subvencións que necesites para o teu fogar ou empresa proporcionando un servizo integral desde o inicio do trámite ata a concesión da mesma.

Cursos de formación

Sabemos da importancia que ten que os traballadores dunha empresa, os alumnos dun centro educativo ou o público en xeral, estean formados. Por iso, en Efyciencia impartimos cursos de formación relacionados coas enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a intelixencia artificial.

Queres que che axudemos?

Estaremos encantados de axudarche con todo o que precises. Non dubides en contactar con nós pola vía que máis se adapte a ti.