Un pouco sobre nós

Efyciencia é un proxecto creado con moita ilusión e ganas, que nace da necesidade de transformar a maneira na que xestionamos e consumimos a enerxía. Estamos especializados en ofrecer solucións personalizadas e sostibles que optimizan o uso de recursos e reducen de forma considerable os costes. A nosa formación en enxeñería e, especialmente a nosa experiencia no ámbito da enerxía, permítennos identificar e resolver desafíos de diferentes complexidades con solucións efectivas e eficientes.

O nome corporativo xorde da combinación de tres termos que temos en conta á hora de realizar calquera dos traballos que nos encargades: Enerxía, Formación e Ciencia

Enerxía

En Efyciencia traballamos con moita enerxía, en todos os sentidos! Ademais de con moitas ganas e entusiasmo, traballamos cos distintos tipos de enerxías (renovables ou non) que existen e estamos especializados en tarifas e mercados enerxéticos.

Formación

Ter unha formación continua e especializada é fundamental para coñecer de primeira mán as novedades do mercado. Formarnos e formar sempre será unha das prioridades de Efyciencia.

Ciencia

Todos os nosos estudos e proxectos están respaldados por unha base enxeñeril e xustificados polos cálculos matemáticos pertinentes.

Eficiencia

Co xogo de palabras que acabamos de explicar, pretendemos darlle unha volta a esta palabra que vai ser a prioridade dos traballos e estudos que realicemos.

A nosa forma de traballar

Procedemento

A metodoloxía de traballo que seguimos en Efyciencia Enxeñería consiste nos seguintes pasos:

1

Necesidades do cliente

En primeiro lugar, establecemos unha toma de contacto co cliente, que nos permite saber cales son as súas necesidades.

2

Desenvolvemento da solución

Unha vez coñecidas as túas necesidades, buscamos e desenvolvemos a solución que máis se adapte a elas.

3

Documentación técnica

Finalmente, en Efyciencia elaboramos un informe técnico detallado para xustificar a mellor solución ás túas necesidades.

Queres que che axudemos?

Estaremos encantados de axudarche con todo o que precises. Non dubides en contactar con nós pola vía que máis se adapte a ti.